O vindeiro 2 de outubro ás 19:30h daremos unha charla sobre a LOMCE no Campo de Marte convidadas polo '15M de Monte Alto'. Aquí deixamos un texto do que será a devantida charla:
O Colectivo Estudantil Libertario da
Coruña está na continua loita por unha educación libre dentro dun
sistema comunista libertario. O Estado español, unha vez máis impón
máis duramente o seu sistema neoliberal dentro do ámbito educativo.
Estamos a referirnos á nova lei educativa: a LOMCE.
Cales son as principais consecuencias
da súa aplicación?
1º. Perfecciona as fábricas de
asalariadas que son os centros educativos. O goberno afirma que a
educación é “un motor que promove a competitividade da economía
(...) unha aposta para conseguir vantaxes competitivas no mercado
global”.
2º. Os centros serán financiados
segundo o seus resultados, convertindo a cada centro nun foco
competitivo. Desta forma, saen perdendo as escolas de barrios
obreiros, onde o estudantado ten que compaxinar a miúdo os estudos
co traballo.
Aparece a figura de “axentes
privados”, que desenvolven funcións de regulación, financiación
ou prestación do servizo educativo. O que ven sendo, agora as
empresas privadas determinarán os programas educativos segundo os
seus intereses comerciais.
3º. A educación privada-concertada
sae beneficiada. En primeiro lugar, recibirá subvencións,
favorecendo así á Igrexa Católica, que ten no seu poder o 80%
destas. Tamén se dá cobertura á segregación por sexos nas
escolas, fortalecendo máis ó patriarcado na nosa sociedade. En
segundo, esténdense os tramos educativos de educación obrigatoria
do ensino privado (como a nova formación profesional básica).
4º. Atenta contra a participación
democrática da comunidade educativa nos centros. O Consello escolar
queda relegado a funcións consultivas e as funcións decisorias do
centro quedan concentradas nunha dirección unipersoal que decida a
Administración.
5º. Dende o Estado imporanse
múltiples probas para poder seguir estudando, sen ter en conta o
esforzo do alumnado. Así aumentará o fracaso e abandono para
incorporarse ó mercado laboral, pasando a ser man de obra barata.
Estas probas comezan a calificar ós alumnos dende os 13 anos, cando
poden acceder a distintos programas que califican a produtividade:
a) Programas especiais dende os 13-14
anos para o estudantado que non se adapte ó sistema educativo,
titulando de forma diferente ó resto.
b) Ciclos de Formación Profesional
Básica ós 15 años, tendo repetido algún curso, que non dan
acceso directo á FP de grado medio nin se titula na ESO.
c) Dous itinerarios en 4º de ESO, con
titulacións diferenciadas que conducen a FP ou Bacharelato.
Capital, Estado, Igrexa, patriarcado...
fóra das nosas aulas!
Panfleto do curso 2014/2015 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario