domingo, 1 de decembro de 2013

COMUNICADO SOBRE A REPRESIÓN ESTATAL


  A medida que crecen as desigualdades e os ataques da burguesía contra a clase traballadora, aumenta a represión do Estado. As detencións de activistas e as cargas policiais suceden cada semana co obxetivo de que cunda o medo, desmovilizar e criminalizar.

  O 'Comando Insurrecionalista Mateo Morral' coas bombas na Catedral da Almudena e na Basílica do Pilar de Zaragoza xunto con comunicados repletos de estereotipos e sen ningunha análise da conxuntura e falta de probas; o caso dos 5 anarquistas de Barcelona, xa en libertade despois de máis de 100 días en réximen FIES por 'pertenza a grupo terrorista, enaltecemento do terrorismo, captación e adoctrinamento e depósito de substancias explosivas' aos que lles incautaron bandeiras e camisetas con iconografía anarquista, libros de filosofía libertaria, gasolina no garaxe, parafusos de diversas clases, tracas valencianas e cohetes de comercialización legal; o de Alfon, detido o 14N en Vallecas e en libertade despois de 40 días en FIES acusado de pertenza de explosivos ainda que estes non tiveran as súas pegadas dixitáis; a detención de 19 persoas en Madrid ás que se lles imputa 'lesións, danos e delitos contra o exercicio dos dereitos fundamentais e libertades, con agravante de odio' polo suposto asalto á sede Foro Francisco de Victoria na facultade de Dereito da Complutense o 20 de novembro e a carga policial e a posterior detención de 11 compañeiros na concentración que se fixo en Moratalaz en solidariedade; ou o arresto en Sevilla de 7 compañeiros por participar nunha contramanifestación contra a organización Respuesta Estudiantil son algúns exemplos da represión que se está a vivir. Todo isto é mostrado polos medios burgueses terxiversando, censurando e manipulando.

 A isto súmase o anteproxecto da coñecida como 'Lei Mordaza', a cal endurece os castigos co único fin de meter medo á clase traballadora agora que aumenta a raiba e comeza a organizarse ('Guía práctica para manifestantes bajo la nueva Ley de Seguridad Ciudadana'). Faise moi importante esta organizón xa que así somos máis fortes e é máis dificil derrubarnos.

POR TODOS ESTES MOTIVOS CHAMAMOS Á SOLIDARIEDADE, Á COMBATIVIDADE E A SEGUIR ADIANTE NA LOITA POLO QUE É NOSO.

NON A REPRESIÓN! LIBERDADE PRESXS POLÍTICXS!