Estatutos
do Colectivo Estudantil Libertario
1.
Denominación e estructura:
1.1.- O Colectivo
Estudantil Libertario (CEL) defínese como unha organización estudantil
libertaria e revolucionaria.
2.
Ámbito funcional:
2.1.- O
ámbito de actuación do CEL é o mundo estudantil.
3.
Principios:
-Asemblearismo:
método de decisión colectiva onde todas as partes implicadas teñen o mesmo
poder de decisión baseado no debate dos puntos para acadar o entendemento. As decisións
acadaranse por consenso, e se este non é posible, recurrirase á maioría do 75%.
-Federalismo:
sistema no que os organismos federados participan nas decisións común en grao
de igualdade, de abaixo a arriba. As decisións tomadas de forma colectiva deben
ser respetadas por toda a organización.
-Autoxestión:
entendida como método de xestión e financiación por parte dos propios militantes,
sen recibir subvencións ou axudas de ningunha clase para así garantir a
autonomía do CEL.
-Socialismo:
defensa dunha sociedade na que os medios de produción estean en mans do pobo, sen existir clases que os acaparen.
-Internacionalismo:
solidariedade entre todos os pobos do mundo para levar adiante a loita pola
igualdade e a liberdade, xa que este non é só problema a nivel nacional ou
estatal. Respecto e defensa do dereito de autodeterminación e do
multiculturalismo.
-Antiautoritarismo:
rexeitamento de calquera tipo de autoriade. Deste xeito, oposición ao Estado,
capitalismo, patriarcado e a calquera forma de dominación.
-Apoio
mutuo: vese como o mellor sistema de desenvolvemento en contraposición á competencia
existente no sistema capitalista. O apoio mutuo supón o traballo en común para
o beneficio da sociedade, sen importar a etnia, o sexo, a cultura ou o idioma.
4.
Tácticas e procedementos:
4.1.-
Utilización da acción directa como táctica a seguir. Supón acción sen intermediación.
Solución directa dos problemas polas partes interesadas. A acción directa
rexeita polo tanto a actividade das delegación de alumnos, claustros, etc, nos asuntos
do estudantado xa que na práctica toman decisión no nome destos pero non lles consultan
directamente.
5.-
Finalidades e obxectivos:
5.1.-
Consecución da educación libertaria, entendendo que esta nun principio só se
pode desenvolver totalmente nunha sociedade antiautoritaria.
5.2.-
Construcción do socialismo libertario, entendido como o socialismo que parte
das bases organizadas e non dun Estado.
5.3.-
Formación política e social da militancia.
6.
Formas de organización:
6.1.-
Asembleas locais:
6.1.1.-
As asembleas locais poden adoptar o nome do CEL engadindo o nome da sua localidade
ou ben manter outro nome engadíndolle as siglas –CEL.
6.1.2.-
Están constituídas por un mínimo de tres cargos para facilitar a cohesión da federación
e o funcionamento das asembleas locais:
-Secretario:
Encargarase de tomar as actas, realizar as funcións de arquivo e da elaboración
das ordes do día das asembleas.
-Tesoureiro:
Encargase de levar as contas, realizar a recaudación e gardar a financiación.
Expón a situación das contas en cada asemblea.
-Administador
informático: Encárgase de levar as redes sociais, a páxina web, administrar o
correo e outras tarefas relacionadas co eido da informática.
6.1.3.-
As asembleas locais elixirán voceiros temporais cando o precisen para a lectura
de manifestos ou a participación en Congresos. Obedecerán en todo momento ás
asembleas ás que estean suxeitos, expondo só o que previamente se acordou
nestas.
6.1.4.-
Os cargos non son autónomos, actuando directamente baixo os requerimentos da asemblea,
son revocables en cualquiera momento pola asemblea e son rotatorios.
6.1.5.-
Pódense crear comisións temporais para a realización de tarefas acordadas pola asemblea.
Son autónomas á hora de actuar, pero están suxeitas á decisión e ratificación da
asemblea.
6.1.6.-
As asembleas locais son libres de determinar a súa forma de financiación e administración
desta, mentres sexan coherentes cos principios que o CEL defende.
6.2.- Federación:
6.2.1.-
As asembleas locais deberán reportar ao resto da federación a súa situación, actividade
e número de membros se así o solicita algunha outras asembleas.
7.
Ingreso no CEL:
7.1.-
Poden ingresar nela estudantes de ensinanza media, superior ou formación profesional
que non pertenzan a partidos políticos ou mocidades destes. Enténdese por partido toda
organización verticalista que teña como obxectivo a toma do poder ou que se
presenta ás eleccións para ter presenza parlamentaria. Non está permitida a
dobre militancia noutras organizacións estudantís.
7.2-
Para adherirse ao CEL será necesario ratificar estos acordos federais.
7.3-
Serán necesarios un mínimo de tres membros para que una asemblea poida federarse.
7.4.- Os
grupos pasarán por dous meses de proba no cal reportaran a súa actividade cada
dúas semanas ao resto da federación. Cumprido este período, e se a federación o
estipula, pasarán a ser asembleas locais de pleno dereito.
8.
Congresos:
8.1.- O
congreso é o máximo órgano de decisión da federación, no cal cada asemblea local
federada ten o mesmo poder de decisión.
8.2- Os
congresos realizaranse cada ano e estarán presentes todo os militantes ou no
seu defecto unha representación das asembleas locais. Neles, marcarase a liña
de actuación e se poderán modificar os estatutos.
8.3.-
Buscarase o consenso para a toma de decisións. No caso de ter que votar alguna cuestión
será necesario o 75% de los votos para aprobar tal asunto, tendo en conta que a
cada asemblea local lle corresponderá un voto.
8.4.-
Poderanse realizar congresos extraordinarios se unha asemblea local o reclama e
un 75% da federación o ratifica.
9.
Expulsións:
9.1-
Será motivo de expulsión a falta de cumplimento de calquera dos principios e
obxetivos federativos, así como da liña xeral de actuación marcada polos
congresos. Unha asemblea local poderá ser expulsada se outra asemblea local a
somete a moción de censura, sempre que como mínimo outra asemblea local secunde
a moción, que se someterá a congreso e polo tanto á decisión da federación.
10.
Situacións extraordinarias:
10.1.-
Se unha asemblea local perdera os requisitos mínimos necesarios se lle
retiraría provisionalmente o dereito a voto nos congresos.
Para modificar os presentes estatutos, tratarase de buscar o consenso entre todas as asembleas. Se non é posible, debe contarse polo menos co apoio do 75 % das asembleas locais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario