Quen somos?


O Colectivo Estudantil Libertario da Coruña (CEL-Coruña) é unha organización estudantil revolucionaria que loita por unha educación antiautoritaria, racional, científica, ecléctica e antidogmática nunha sociedade comunista libertaria. O noso campo de acción abarca tanto os estudos universitarios coma os secundarios, primarios, bacharelato e FP.

Funcionamos de maneira horizontal, polo tanto as decisións tómanse en asamblea, onde todas as opinións contan por igual. Empregamos a acción directa como táctica a seguir. É dicir, son os estudantes os que se organizan e loitan polos seus intereses sen intermediación algunha.

Manifestámonos en contra do sistema de escola reaccionario, con todo o que isto leva asociado (estatismo, alienación, sectarismos, etc.). Defendemos un modelo escolar autoxestionado polos seus usuarios e profesionais que respete a evolución psicomotriz e do sistema cognitivo dos educandos. Sostemos que o coñecemento debe ser un fin en si mesmo. “Todo individuo ten dereito a desenvolverse plenamente tanto física como intelectualmente”.

No actual neoliberalismo vemos acrecentado novamente o papel alienante da escola, eliminando aqueles pequenos progresos que se foron acadando ao longo da historia.
Os recortes, a masificación, as asignaturas sectarias, a segregación por sexos, o aumento da competencia obrigatoria, non son se non un instrumento máis para tratar de eliminar todo rastro de pensamento crítico, un paso máis para facilitar a evolución do estudante en asalariado obediente.

A consecución dos obxectivos do CEL Coruña leva asociada dúas responsabilidades: a continua formación dos seus e das súas integrantes, tanto no eido pedagóxico como no revolucionario social e a relación con outras organizacións en prol dun fronte común máis amplo e forte.

O CEL pode unirse calquera estudante da clase traballadora que queira formarse e militar na construcción dunha alternativa ao sistema capitalista. Así mesmo, animamos a todo aquel interesado en cambiar o sistema imperante a unirse a nosa loita.

FORZA AOS QUE LOITAN!

CEL Coruña

1 comentario:

  1. Boas! Son un estudante da Coruña e quixera saber como unirme ao voso colectivo e como enterarme dos eventos. Grazas!

    ResponderEliminar